"En Galaxia somos moito máis que unha editorial"

Categoría: Nova

Hoxe, o xornal Faro de Vigo ocupa unha páxina enteira cunha entrevista en profundidade con Benxamín Casal, recentemente nomeado Presidente de Galaxia e Merlín Comunicación no último Consello de Administración de ambas as empresas celebraron o pasado venres.

Na conversa, o Presidente de Galaxia pasa revista á situación da empresa editora ao tempo que sinala a nosa presenza na primeira liña de modernidade á hora de asumir os novos retos que a industria cultural precisa acometer. Sempre coa idea de seguir fieis ao mandado dado polos devanceiros fundadores no ano 1950 de coidar e protexer a lingua e a cultura propias do noso país.

Pola relevancia das súas palabras deixamos ligazón á dereita destas liñas para que leas a entrevista completa.

Comparte nas túas redes sociais ou por email