Aínda recente a ledicia polos moitos recoñecementos obtidos pola fita 'Dúas letras' no Festival de Cine de Cans, esta fin de semana, no 'Primavera de Cine' de Vigo, a película, que xa temos no prelo e que sairá co relato íntegro de Fina Casalderrey, conseguiu dous novos galardóns, o de mellor Corto de Ficción e, Eloy Varela, o de Mellor Director.
A estes hai que sumar os tres de Cans e outro no Festival de Bueu do ano pasado.
Agora, en poucos días, ímolo poder gozar tamén editado nun formato elegante que, ademais da película e o relato, ofrece unha serie de extras que van chamar poderosamente a atención.
No noso blog deixamos unha completa fotogalería da xornada de entrega de premios.