Que era Castelao?

Categoría: Opinión

Castelao era autor. Autor de textos e autor de imaxes. O que se podería dicir, un autor completo. Ninguén pode negalo.

Aínda a día de hoxe moitos axentes do mundo literario seguen inventándose una diferenciación entre “o autor” e “o ilustrador” ao referirse a unha obra literaria ilustrada.

Podemos falar dun autor literario e doutro gráfico, nunha mesma obra onde as diferentes linguaxes creativas conxúganse caprichosamente para dar forma a unha historia, máis non debemos caer no erro de chamarlle autor única e exclusivamente ao que crea coa ferramenta da palabra. A imaxe tamén é linguaxe.

Ilustrar non é debuxar. Os ilustradores non retratamos. Interpretamos, creamos mundos, aportamos e procuramos enriquecer un texto. Nas orixes da nosa profesión eramos “iluminadores”. Nunca deixamos ao longo dos séculos, desde que existe o libro ilustrado, de arroxar luz sobre un mundo de letras.

Amo a escrita e a gráfica porque son a esencia da miña vida. Por iso, a pasada semana santa, non camiñei en procesión detrás de ningunha virxe. Perdínme máis ala do Piornedo e entre pedra e palla de centeo, pensei en Castelao.

(foto do autor de Alberte Peiteavel)

Comparte nas túas redes sociais ou por email