Baixo o título de ‘Halos’, o poemario de Xosé María Díaz Castro, 'Nimbos' acaba de ver a luz, en inglés, na colección Galician Classics. O volume permitirá dar a coñecer no mercado anglosaxón os versos do escritor homenaxeado coas Letras Galegas 2014.
Esta é a quinta publicación desta editorial que xa incorporou ao seu catálogo obras de Rosalía de CAstro, Cunqueiro, Celso Emilio Ferreiro e Lois Pereiro. Desta volta incorpórase 'Nimbos' en tradución de John Rutherford (autor, en Galaxia, de 'As frechas de ouro').
Esta tradución ao inglés completa outras publicadas recentemente ao ruso, realizada pola directora do Centro de Estudos Galegos de San Petersburgo, Elena Zernova, e ao italiano.
Unha boa maneira de seguir espallando a obra do autor homenaxeado este ano co Día das Letras Galegas.