Publicamos O BECHO QUE QUERÍA COMER A AVOA

Categoría: Nova

Estes días vai chegando ás librerías de toda Galicia o libro de Rocío Leira, O BECHO QUE QUERÍA COMER Á AVOA.
O libro, que publicamos na nosa colección Árbore 10 anos, conta a historia dunha nena que sabe que un becho querer comer a súa avoa.
Pero non é un becho con patas e antenas. È un becho moito máis feo. Todos na casa andan alterados polo que lle pasa á avoa. Nesta historia Rocío Leira aborda e constrúe para nós un mundo marabilloso habitado por unha nena e unha avoa, tan lindo, que non hai becho malo que poida acabar con el.
Rocío Leira Castro naceu en Pereiriña (Cee) no ano 1979.
Licenciouse en Matemáticas e dirixe un centro de formación para universitarios en Compostela. Dende moi cativa comezou a escribir e a participar en diversos certames literarios nos ámbitos do relato curto e a poesía, cos que leva obtido numerosos premios literarios, entre outros, o Díaz Jácome de poesía, o Xaime Isla Couto, ou o premio de Narración Curta do concello de Marín. No ámbito da novela gañou en 2012 o premio de novela curta Concello de Negreira, e quedou dúas veces finalista do Premio de Novela por entregas La Voz de Galicia.
No ano 2013 publicou a súa primeira obra. Nótase que é matemática, pois titulouna Universo Pitágoras.

Comparte nas túas redes sociais ou por email