O vindeiro 29 de xuño, dende as 9.30 da mañá desenvolveranse na Casa Grande de don Ramón, en Traslaba, os actos do programa para recoñecer a Agustín Fernández Paz co Premio Trasalba 2014.

PROGRAMA

9,30 horas
Dianas e alboradas

10,30 horas
Reunión do Padroado da Fundación Otero Pedrayo na biblioteca do Centro de Estudos Oterianos

12,00 horas
Misa votiva en memoria de Ramón Otero Pedrayo, oficiada por Manuel Cabada Castro, na igrexa parroquial de San Pedro de Trasalba

12,30 horas
Actuación da agrupación folclórica Queixumes dos Pinos, de Ourense

12,45 horas
Acto literario no auditorio da Casa Museo Ramón Otero Pedrayo. O neno na escola.
Intervención de Lucía Castro Reboreda

Homenaxe a Agustín Fernández Paz
XXXII Premio Trasalba
Laudatio de Francisco Castro

Presentación do libro Agustín Fernández Paz. Na casa da esperanza
Intervención de Agustín Fernández Paz

14,15 horas
Xantar de amizade no souto de Trasalba

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR