Estás aquí:

Código: 552

A vida secreta de Úrsula Bas

21,10  IVE INCLUIDO
Dun día para outro, e sen que se saiba o motivo,
desaparece unha escritora de sona. O seu home pon unha denuncia na comisaría de Compostela á que, logo dunha baixa prolongada, se acaba de reincorporar Santi Abad. Tras a resolución do “caso Alén”, o asasinato que pouco máis dun ano antes fixera abalar os alicerces do mundo da arte e da sociedade galega, o inspector Abad e Ana Barroso, ascendida a subinspectora, volven formar equipo. Logo do suceso obtido con Beleza vermella, Arantza Portabales pon outra vez en liza a problemática e inestable parella de policías. Amor e eficacia, intelixencia e desconfianza, paixón e violencia. Cunha trama de ritmo e acción fulgurantes, A vida secreta de Úrsula Bas penetra, camada a camada, sen dó e cunha potencia narrativa engaioladora, na dobre vida dunha muller que se deixa arrastrar pola forza subxugante do descoñecido, pola atracción e misterio dun ser verdadeiramente perverso.

Detalles do libro

Paxinas: 452
Deseño: Rústica con lapelas
Data Publicación: 27/01/2023
Dimensións 135 x 210 mm.
Colección: Literaria
Nº na Colección: 428
Edición: 1ªª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-9151-623-1
Observacións:

AUTORES/AS

Portabales , Arantza
ARANCHA-PORTABALES-196x220

(San Sebastián, 1973) é licenciada en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela e funcionaria da Escala Superior de Finanzas da Xunta de Galicia.

Iníciase como escritora no ano 2013, cultivando o xénero do microrrelato. En outubro de 2015 publicou o seu primeiro libro de microrrelatos: “A Celeste la compré en un rastrillo” (Zaera Silvar, 2015). Ese mesmo ano, a súa novela en lingua galega, “Sobrevivindo” (Galaxia 2015) resultou vencedora do XV Premio de Novela por Entregas da Voz de Galicia. En 2017 o seu relato “Circular C1: Cuatro Caminos- Embajadores” gañou a XVIII edición do Certame de Narración Breve da UNED/UNED.

A súa segunda novela “Deixe a súa mensaxe despois dá sinal,” (Galaxia, 2017) foi traducida ao castelán pola Editorial Lumen, ao italiano (Solferino, RCS group) ao hebreo (Keter books) e ao alemán (BTB-Penguin Random House) e levada ao teatro pola Compañía Tanttaka.

A súa terceira novela “Beleza vermella”, (Galaxia, 2019) publicouse conxuntamente coa tradución da mesma ao castelán, (Editorial Lumen) sendo publicada tamén en Italia baixo o título “Bellezza Rossa” por Solferino.  En 2020 publicou un libro ilustrado de relatos “Historias de mentes” (Editorial Bululú)

As súas obras

Sobrevivindo
Sobrevivindo
esgotado
Deixe a súa mensaxe despois do sinal
deixe-a-sua-mensaxe-despois-do-sinal
20.90€ CON IVE
Beleza vermella
beleza-vermella
21.00€ CON IVE
Sobrevivindo
9788491517887
17.40€ CON IVE

COLECCIÓN

Literaria

1Q84. Libro 3
libro3
24.10€ CON IVE
1Q84. Libros 1 e 2
1q
27.40€ CON IVE
O sono das sereas (XI Premio Repsol 2017)
o-sono-das-sereas
16.45€ CON IVE
900
900
21.20€ CON IVE
A agonía das folerpas
9788491519201
23.50€ CON IVE
A bisneta lercha
a bisneta lercha
13.95€ CON IVE
A boneca de Blanco Amor
A boneca de Blanco Amor
16.45€ CON IVE
A candidata
A candidata
15.50€ CON IVE