Estás aquí:

Código: 2289

Unha educación de premio

15,00  IVE INCLUIDO
O reto de docentes que emocionan o alumnado cun ensino de vangarda e a mirada posta no futuro
Nas aulas dos institutos e dos colexios conviven alumnos que dirixen e producen as súas propias curtametraxes ou que simulan a creación de empresas con pezas que elaboran en impresoras 3D. Sorprende a habilidade dos máis pequenos para crear mundo vituais e tamén para expresar as súas emociòns: "Síntome mal cando me dis iso", escóitase en Infantil. Os avances nun mundo cada vez máis dixital e global demandan novas fórmulas de ensino. Os alumnos precisan fixar valores e destrezas para afrontar o presente e o futuro. É urxente adaptarse a un escenario cambiante, con profesións difíciles de prever, onde non serven os esquemas estáticos tradicionais. Na educación está a clave. Este libro é unha mostra de experiencias innovadoras en centros educativos de Galicia con numerosos galardóns autonómicos e nacionais. Os docentes que aplican métodos exitosos explican os pasos que foron dando para adaptarse a esta nova realidade e lograr o mellor do alumnado. As súas ideas poden servir de axuda a moitos outros mestres, profesores ou orientadores, ademais de guiar as familias na educación dos fillos e das fillas. Como indican os protagonistas desta ruta da innovación: "Compartindo, melloramos todos".

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 132
Deseño: Rústica con lapelas
Data Publicación:
Dimensións 170 x 240 mm.
Colección: Biblioteca de intervención social /didáctica
Nº na colección: 9
Edición: 1ª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-9151-165-6
Observacións:

AUTORES/AS

Otero, Selina
selina-otero

(Malpica de Bergantiños, 1978) é licenciada en Ciencias da Información e posgrao MBA en Comunicación Empresarial. Exerce o xornalismo dende hai dezaoito anos, principalmente na prensa escrita: Faro de Vigo e La Opinión A Coruña.

Logo dun período como asesora de contidos na Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, especializouse en temas educativos, unha das súas áreas preferidas xunto con Innovación, Ciencia e Cultura. Na súa traxectoria laboral pasou tamén por diferentes gabinetes de comunicación.

Ademais da escritura, as súas paixóns son a música, os idiomas, a literatura, as viaxes e o universo dixital.

As súas obras

Unha educación de premio
unha-educacion-de-premio
15.00€ CON IVE

COLECCIÓN

Biblioteca de intervención social /didáctica

Debuxar o mundo. Xograr, crear, compartir
9788491517672
17.10€ CON IVE
Unha educación de premio
unha-educacion-de-premio
15.00€ CON IVE