(Malpica de Bergantiños, 1978) é licenciada en Ciencias da Información e posgrao MBA en Comunicación Empresarial. Exerce o xornalismo dende hai dezaoito anos, principalmente na prensa escrita: Faro de Vigo e La Opinión A Coruña.
Logo dun período como asesora de contidos na Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, especializouse en temas educativos, unha das súas áreas preferidas xunto con Innovación, Ciencia e Cultura. Na súa traxectoria laboral pasou tamén por diferentes gabinetes de comunicación.
Ademais da escritura, as súas paixóns son a música, os idiomas, a literatura, as viaxes e o universo dixital.