Estás aquí:

Código: 19355

TRINTA ANOS DE POESÍA CRÍTICA (1936-1966) ESTUDO E ESCOLMA

15,00  IVE INCLUIDO

EDICIÓN RAMÓN NICOLÁS

Case sesenta anos despois de que a censura franquista prohibise a publicación de Trinta anos de poesía crítica, 1936-1966, antoloxía poética e de contido social compilada por Xesús Alonso Montero en 1967, recuperamos, na edición de Ramón Nicolás, un texto imprescindible para que profesores e alumnos “e outros letraferidos”, entendan unha das estratexias das que se servía o franquismo para controlar e manexar ideoloxicamente a sociedade española. Unha compilación heteroxénea que vai de finais do século XIX ata o segundo terzo da década de 1960, onde as voces cunha maior representatividade son aquelas que o canon histórico da poesía reivindicativa ou crítica situou no seu xusto lugar. 

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 240
Deseño: Rústica con lapelas
Data Publicación: 16/03/2026
Dimensións 210 X 135 mm.
Colección: Letras Galegas
Nº na colección: 123
Edición: 1ª ediciónª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-1176-580-0
Observacións:

AUTORES/AS

Alonso Montero, Xesús
Xesús Alonso Montero

(Vigo, 1928), filólogo, ensaísta e polígrafo, catedrático emérito da USC e doutor honoris causa pola UNED, foi presidente da Real Academia Galega (2013-2017). A súa ampla obra abrangue distintos campos temáticos, entre as que se poden salientar: Informe –dramático– sobre la lengua gallega (1973), As palabras no exilio. Biografía intelectual de Luís Seoane (1994), Oteriana (Galaxia, 2000), Curros Enríquez no franquismo (1936-1911) (2003), Laio polo irmán ausente. Castelao no epistolario de Otero Pedrayo e outras voces (Galaxia, 2006), A batalla de Montevideo (2003), Os escritores galegos ante a Guerra Civil española. 1936-1939 (Galaxia, 2001), Ramón Piñeiro ou a reinvención da cultura galega (Galaxia, 2009) Aníbal Otero. Lingüística e política en España na Guerra Civil e no franquismo (2011, Premio Losada Diéguez, 2012) e Florencio Delgado Gurriarán. Poeta na terra, na guerra e no exilio (Antoloxía poética) (Galaxia, 2022).

 

As súas obras

Florencio Delgado Gurriarán. Poeta na terra, na guerra e no exilio. Antoloxía poética
9788491517900
20.45€ CON IVE

COLECCIÓN

Letras Galegas

A distancia do lobo. Biografía de Uxío Novoneyra
lobo
esgotado
A palabra exacta. Biografía de Lois Pereiro
biog
13.20€ CON IVE
A vida de Ánxel Fole
a vida fole
12.30€ CON IVE
A vida de Eladio Rodríguez
foto
12.00€ CON IVE
A vida de Manuel Murguía
foto
esgotado
A vida de Rafael Dieste
foto
12.00€ CON IVE
A vida de Xesús Ferro Couselo
vida xesus ferro
11.10€ CON IVE
A vida do Padre Sarmiento
vida padre sarmiento
10.60€ CON IVE