Estás aquí:

Código: 383

Tres disparos e dous friames

18,40  IVE INCLUIDO
Que lector galego non coñece xa a Frank Soutelo?
Retranqueiro, un tanto cínico, co seu aquel fanfurriñeiro e a súa particular idea de xustiza, en Tres disparos e dous friames, terceira novela da serie, este detective volve meterse en leas nos máis escuros e depravados ambientes de Hollywood. Unha aspirante a actriz, moza e fermosa, un importante e respectado produtor de cinema que busca satisfacer os seus instintos e unha muller cobizosa que mantén a ficción dun matrimonio perfecto son os vimbios cos que Miguel Anxo Fernández constrúe unha historia chea de reviravoltas.

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 232
Deseño: Rústica con lapelas
Data Publicación: 29/05/2008
Dimensións 13,5 x 21 cm. mm.
Colección: Literaria
Nº na colección:
Edición: 1ª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-9865-094-5
Observacións:

AUTORES/AS

Fernández, Miguel Anxo
MIGUEL-ANXO-FERNÁNDEZ

(O Carballiño, 1955). Doutor en Comunicación audiovisual, investigador e teórico cinematográfico, está vencellado desde finais dos anos setenta ao desenvolvemento do audiovisual galego, labor polo que se lle concedeu o Premio de Honra Fernando Rey no 2001. En 2012 recibiu o Premio da Cultura Galega polo seu labor a prol da creación audiovisual.

Profesor de Comunicación Audiovisual na Universidade de Vigo, exerce a crítica diaria de cinema e televisión en La Voz de Galicia, ademais de colaborar no Diario Cultural (Radio Galega) e en Planeta Cine (TVG). Entre a súa obra especializada destacan Carlos Velo. Cine e exilio (1996), As imaxes de Carlos Velo (2001, Premio Sempre en Galiza), Las imágenes de Carlos Velo (UNAM, México, 2007), A Bela Otero, pioneira do cine (2002, Premio Chano Piñeiro), Rodado en Galicia (2005) e Os amigos de Chano Piñeiro (2007, ed.). No eido da ficción publicou en Galaxia O sabre do francés (2002) e Capitol, última sesión (2004), ademáis da triloxía sobre o detective Frank Soutelo, formada por Un nicho para Marilyn (2002, Premio García Barros), Luar no inferno (2006); Tres disparos e dous friames (2008), Lume de cobiza (2011), Bícame Frank (2013), O espido de Gina (2014), Un dente sen cadáver (2016) e Blues para Moraima, Premio Blanco Amor 2016.

As súas obras

Blues para Moraima
blues-para-moraima
19.50€ CON IVE

COLECCIÓN

Literaria

1Q84. Libro 3
libro3
24.10€ CON IVE
1Q84. Libros 1 e 2
1q
27.40€ CON IVE
O sono das sereas (XI Premio Repsol 2017)
o-sono-das-sereas
16.45€ CON IVE
70º norte
9788411761420
21.95€ CON IVE
900
900
21.20€ CON IVE
A agonía das folerpas
9788491519201
23.50€ CON IVE
A beleza debe morrer
9788411760188
18.90€ CON IVE
A bisneta lercha
a bisneta lercha
13.95€ CON IVE