As aventuras dun neno: Tonecho, o único pequeno da súa aldea.
Rebordechao é unha aldea que queda alá por... chegando á... O certo é que non é doado atopar Rebordechao, nen sequera aínda que a busques. Neste lugar perdido vive Tonecho, o neno máis bo e máis guapo, o mellor de todos, porque en Rebordechao... non quedan máis nenos ca el.
Nace en Montevideo en 1967. Estudia Naútica e o abandona para adicarse ao audiovisual. Na actualidade é realizador e guionista, adicándose en especial aos documentais. Como autor acada o Premio “Cidade fantástica” da cidade da Coruña, a Curuxa Literaria do Museo do Humor de Fene e foi finalista do Primeiro Premio de Relato por Entregas de La Voz de Galicia.
Publicou as obras O vendedor de mazás, de xénero fantástico, e O asasino bífido, instalado no ámbito da literatura humorística. En 2004 foi gañador do Premio Raíña Lupa de literatura infantil e xuvenil, convocado pola Deputación Provincial da Coruña con Tonecho de Rebordechao.