nas aulas, escoitouse moitas veces esa expresión de “tedes cinco minutos”, para que as e os alumnos soubesen que ese era o tempo que tiñan para desenvolver unha proposta literaria. Foi divertido e estresante. En todo caso, un pracer dinámico. Ao final non eran cinco minutos… pero era divertido dicilo e que servise para botar a imaxinación a andar.
O libro que tes nas mans é o resultado dun ano de traballo das alumnas e alumnos do primeiro curso da Escola de Letras que se desenvolveu nas cidades de Vigo e Pontevedra durante o estraño e pandémico ano 2020. Comezamos presencialmente pero rematamos coas pantallas. En todo caso, a literatura seguiu, na forma que fose. Abeirados ás súas profesoras e profesores traballaron intensamente para tentar saber cal é a arquitectura interna dos soños, iso que moitos chaman Literatura.
Agora, ofrecémosche o resultado para que ti confirmes o talento, enorme, deste mollo de escritoras e escritores que están chamados a facer grandes cousas entre as letras de nós.