Estás aquí:

Código: 414

Sunset Park

22,40  IVE INCLUIDO
A nova novela de Paul Auster é un libro sobre a inocencia da mocidade e a vibración da vida
Miles Heller ten vinte e oito anos, abandonou a universidade aos vinte, despediuse dos seus pais e marchou de Nova York. Agora vive en Florida e traballa para unha empresa que se encarga de baleirar as vivendas dos desafiuzados. Mais non só se dedica a carretar mobles e repintar paredes, Miles saca fotos de todas as cosas abandonadas para probar que as pantasmas desa xente seguen presentes.

En Sunset Park, Auster fainos lembrar as cousas duradeiras: o amor, a arte e esa estraña sensación que é estar vivo. O seu protagonista, Miles, vive atormentado pola culpa: sen querelo provocou a morte do seu medio irmán, unha situación que o induciu a marchar de Nova York fuxindo do pai e a madrasta. En Florida mantén unha relación cunha escolar adolescente, Pilar, mais cando a familia dela ameaza con sacar á luz o noivado, Miles decide protexer a Pilar volvendo a Brooklyn, onde comeza a vivir de ocupa mentres se prepara para a inevitable confrontación co pai, de quen leva anos escondido.

Vibrando coa mesma enerxía ca Invisible, a anterior novela de Auster, o relato de Sunset Park é tan mítico coma contemporáneo, está tan engaiolado polo béisbol coma pola literatura. E, por riba de todo, é unha historia de amor e perdón, non só entre homes e mulleres, senón tamén entre pais e fillos.

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 320
Deseño: Rústica con lapelas
Data Publicación: 17/11/2010
Dimensións 135 x 210 mm mm.
Colección: Literaria
Nº na colección:
Edición: 1ª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-9865-306-9
Observacións:

AUTORES/AS

Auster, Paul
paul auster 2

Paul Auster (Nova Jersey, 1947 – Nova York, 2024) é un dos máis prestixiosos escritores norteamericanos actuais. Autor de novelas, ensaios, poesía, guións e películas de cine, a súa obra é lida en todo o mundo. Entre as súas novelas máis coñecidas pódense citar a Triloxía de Nova York (1985-86), Moon Palace (1989), Leviathan (1992), Mr Vertigo (1994), The Book of Ilusions (2002), Brooklyn Follies (2006), Viaxes no scriptorium (2007), o guión da película A vida interior de Martin Frost (2007), Un home na escuridade (2008), Invisible (2009) e Sunset Park (2010), estes seis últimos títulos publicados en galego por Galaxia, que desde 2006 edita a obra de Auster en Galicia. En 2006 foi galardoado co Premio Príncipe de Asturias das Letras.

As súas obras

A vida interior de Martin Frost
vida interior
17.00€ CON IVE

COLECCIÓN

Literaria

1Q84. Libro 3
libro3
24.10€ CON IVE
1Q84. Libros 1 e 2
1q
27.40€ CON IVE
O sono das sereas (XI Premio Repsol 2017)
o-sono-das-sereas
17.15€ CON IVE
70º norte
9788411761420
21.95€ CON IVE
900
900
22.00€ CON IVE
A agonía das folerpas
9788491519201
25.40€ CON IVE
A beleza debe morrer
9788411760188
20.90€ CON IVE
A bisneta lercha
a bisneta lercha
15.50€ CON IVE