Ilustracións de Paula Cheshire
Rolando é un artista que tece obras de arte co seu fío en Preto-da-Fonte. Inesperadamente, vese arrastrado a un espazo hostil do que deberá escapar. Ao longo do traxecto atopará aliados inesperados como Silvina, que lle axudará a volver ao seu fogar. No camiño urdirán unha historia de aventuras minúscula onde o máis grande é a amizade.
Atréveste a acompañalos?
(Vilar de Barrio, 1984) é diplomado en Maxisterio Musical pola Universidade de Santiago e mestre de primaria. En coautoría con Alba De Evan publicou de forma conxunta a colección Naturizo, de educación ambiental, con dez títulos ata o momento. Son autores tamén de dous álbumes ilustrados: Fronteiras de papel e A superavoa de Antón. En banda deseñada estreáronse co guión de Miquits. No eido da novela infantil publican A bruxa Selana, A pulga espacial, Maxia de pedra e Segredos soterrados. Finalmente, escriben os biopoemas de Rosalía de Castro e Luis Seoane.
A título individual, Xabier publica o cd de cancións para cativos Unha animalada de colexio, en conxunto co músico Pakolas; e o biopoema de Monchiño de Magarelos, o xigante de Allariz, en coautoría con Miguel Anxo Alonso.
(Vigo, 1987) é licenciada en Historia pola Universidade de Vigo e profesora de ensino secundario. En coautoría con Xabier Domínguez publica a colección Naturizo, de educación ambiental, con dez títulos ata o momento. Tamén dous álbumes ilustrados: Fronteiras de papel e A superavoa de Antón. En banda deseñada estreáronse co guión de Miquits. No eido da novela infantil publican A bruxa Selana, A pulga espacial, Maxia de pedra e Segredos soterrados. Finalmente, escriben os biopoemas de Rosalía de Castro e Luis Seoane.
A título individual publica a novela Varetai, protectora de espíritos.