Unha amena e sinxela biografía do escritor conmemorado no Día das Letras Galegas de 1999.
Blanco Torres, republicano convencido e galeguista, viu a súa vida prematuramente truncada pola violencia e a inxustiza. Nun estilo narrativo e non exento de emotividade, o coñecido xornalista Xosé Durán afonda nesta traxectoria vital de Blanco Torres, na súa personalidade e nas circunstancias humanas e históricas que lle tocou vivir e nas que tivo que desenvolver o seu traballo como xornalista e escritor. Este libro, sen dúbida, constitúe un paso máis cara á recuperación da nosa memoria colectiva.
Naceu en Cuntis en 1957. É licenciado en Ciencias Químicas e xornalista. A maior parte da súa activiade profesional está vencellada aos mundos da radio e da televisión, nos que se dedicou á información deportiva e á información xeral. En 1985 comezou o seu traballo na Televisión de Galicia, onde foi director de telexornais e de programas como O semanal e Reporteiros, ademais de encargarse de diversos informativos especiais. Foi tamén xefe de deportes e redactor-xefe dos Servizos Informativos da TVG. Colaborou en varias revistas literarias. Da súa autoría son o libro de relatos de ciencia-ficción O asasino invisible e a biografía Roberto Blanco Torres, xornalista e poeta.