Rocío Garrido Caramés é a responsable dun blog de cociña galega A cociña do meu avó, onde recolle dende o ano 2010 receitas tradicionais elaboradas cos ingredientes de sempre. Aínda que estudou Informática de Xestión e traballou nunha empresa de comercio exterior, leva dende o 2012 dedicándose á hostaleira. Gañou o premio Gourmand ao mellor libro de cociña sostible, no 2012, con Cociñando coas razas autóctonas.
Imparte cursos de cociña para todas as idades e actualmente ten unha aula, Cociñando no Salnés, na que aprende a estranxeiros a nosa cociña tradicional. Tamén colabora en diversos programas de radio de gastronomía, actualmente todos os venres en Radio Voz.
Organiza eventos gastronómicos para concellos, empresas privadas e tamén eventos e catas maridaxes en restaurantes e adegas. Participa en showcookings por toda Galicia en festas gastronómicas e tamén foi xurado profesional en diversos concursos de tapas.
Foi responsable de comunicación da campaña de turismo gastronómico mariñeiro «Come o Mar» no 2014 e 2015.