Domingo Rodríguez Teijeiro (O Barco de Valdeorras, 1966) é doutor en Xeografía e Historia pola Universidade de Vigo e profesor da Área de Historia Contemporánea nesa mesma universidade. Como investigador, é autor de máis de cincuenta traballos, entre os que cómpre salientar Historia de Ourense (coautor, 1996) e Longa noite de pedra no Mosteiro de San Salvador. Represión e reclusión en Celanova, 1936-1943 (1998).