Miau! Pirata chama cada día por ti, avoa. Semella que busca a túa sombra por toda a casa e, aínda que se faga o durmido sentado na túa butaca, as máis das veces está cun ollo aberto por se te ve pasar. Agora o teu gato é meu. Pirata xa forma parte de min, dos meus mellores amigos.
(Vigo, 2000) é Graduada en Belas Artes pola Universidade de Vigo, onde se especializou en ilustra- ción, cómic e cerámica. Tamén se formou en cursos de risografía, tufting e ilustración infantil.
Sempre tivo unha grande inquietude por debuxar o cotiá baixo unha estética cuqui e alegre. Tamén lle fascina trasla- dar o seu imaxinario ilustrativo, a través de distintas metodo- loxías, a un plano tridimensional e tanxible, e as súas creacións saen do seu caderno e adquiren vida propia.
nace en Palma (Illas Baleares) en 1949. Con 18 anos chega á Coru- ña, onde reside e desenvolve a súa vida laboral e familiar. Mestra e licenciada en Filosofía e Letras, é autora dunha ampla obra relacionada coa literatura infantil e xuvenil que abrangue os campos do teatro, a narrativa e outras obras do ámbito da aprendizaxe da lingua. Especializouse, sobre todo, na poesía, á que dedicou boa parte da produción.
En 1977 recibe o premio O Facho de contos por Os amigos do cabaceiro. Máis tarde o seu poemario Amar e outros verbos foi galardoado co Premio Lazarillo (2001). Tamén é coautora, con Xoán Babarro, de varios títulos, entre os que figuran os pre- mios O Barco de Vapor de 1985 (Primeiro libro con Malola) e 1989 (Barrigaverde e o dragón Achís). Outras obras súas en Editorial Galaxia son Marta ten a solución (2007), Versos da tarde laranxa (2016) e Incesante vagalume (2021).