Fernández, Ana María

anan maria fernandez
Fernández, Ana María

Ana María Fernández Martínez naceu en 1949 en Palma de Mallorca, aínda que leva toda a vida en Galicia, na cidade da Coruña. Mestra de profesión, sempre tivo claro que dedicaría a súa vida a estar preto dos máis novos. Cara a eles encamiñou a súa vocación literaria, que empezou a ofrecer froitos a partir de 1977. Acadou importantes galardóns, entre eles o Premio de Teatro O Facho (1987) e o Premio Barco de Vapor (1985 e 1989), todos eles gañados en colaboración co seu home, o tamén escritor Xoán Babarro. Aínda que cultivou a narrativa e máis o teatro, é na poesía infantil onde Ana María Fernández se atopa especialmente cómoda. Un dos seus poemarios, Amar e outros verbos, recibiu no ano 2001 o Premio Lazarillo. Nese camiño, entretecido de poemas e vida sitúase ¿Quen vive aquí? (2004).

As súas obras

Marta ten a solución
marta
11.15€ CON IVE
Quen vive aquí?
quen vive aqui
7.90€ CON IVE
Versos da tarde laranxa
Versos da tarde laranxa
10.20€ CON IVE
Incesante vagalume
9788491517290
12.60€ CON IVE