Os GazafellosPepe CarballudeSe o teu desexo é atopar un gazafello, velaquí o libro que necesitabas. Léndoo coñecerás todos so segredos destas estrañas criaturas difíciles de atopar. Tamén saberás dun pazo misterioso, de libros fantásticos, da necesidade da amizade e da vida sinxela e auténtica da aldea. Pepe Carballude naceu na aldea de Rubín (A Estrada) en 1956. Desde pequeno medrou escoitando contos populares e oíndo falar de lobos, pantasmas, mouros ou tesouros agochados. E, por suposto, de gazafellos, na procura dos cales se cadra andou cando tiña a túa idade. Desa vixencia da literatura que se contaba e que se transmitiu de xeración en xeración en Galicia, naceu o seu desexo de escribir. Con varios títulos da súa autoría que o sitúan entre os máis destacados escritores para nenos e mozos da lingua galega, Pepe Carballude conseguiu importantes premios, como O Barco de Vapor, que gañou en dúas ocasións. |
RecensiónsDetalles
Noticias relacionadasSalón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra2012-06-08 12:13:40
Obras do autor en catálogo
Actividades relacionadasMesa redonda sobre os GAZAFELLOS2012-03-19 20:00:00
Novidades
| |||||||||||||||
|