Estás aquí:

Código: 918

Obras Castelao T.VI

31,40  IVE INCLUIDO
A máis ampla escolma de cartas de Castelao
Este tomo ofrece 274 cartas —186 delas inéditas— do epistolario de Castelao. É así a escolma máis ampla de cartas do autor publicada. Ó longo das máis de 700 páxinas do volume pódense ler epístolas datadas entre 1902 e 1949 nas que o de Rianxo escribe a Risco, Otero Pedrayo, Josep Tarradellas... A edición, a cargo de Xosé Manuel Núñez Seijas, inclúe unha introducción e numerosas notas a pé de páxina.

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 768
Deseño: Cartoné
Data Publicación: 01/12/2000
Dimensións 140 x 210 mm.
Colección: Obras completas
Nº na colección:
Edición: 1ªª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-8288-399-1
Observacións:

AUTORES/AS

Castelao, Alfonso Daniel
Castelao

Alfonso Daniel Rodríguez Castelao (Rianxo 1886-Bos Aires 1950) é unha das personalidades máis ricas e fecundas do movemento galeguista. Licenciado en Medicina, abandonou moi cedo a práctica desa profesión para dedicarse ás que eran as súas verdadeiras vocacións: a arte e a reivindicación integral de Galicia. A súa actividade desenvolveuse na creación literaria, no xornalismo gráfico, na pintura, no teatro e na política. Membro destacado da Xeración Nós e home comprometido, no marco do Partido Galeguista, coa defensa da autonomía para Galicia e coa causa republicana, a súa figura alcanzou co paso do tempo unha dimensión mítica. Entre as súas obras máis importantes están Cousas, Cousas da vida, Os vellos non deben de namorarse, Os dous de sempre, Sempre en Galiza e Retrincos.

En 2011 a Xunta de Galicia declarou a súa obra Ben de Interese Cultural.

As súas obras

Debuxos de negros
debuxos de negros
22.40€ CON IVE

COLECCIÓN

Obras completas

Ánxel Fole. Obra literaria completa I. Obra en galego
obra completa I
29.30€ CON IVE
Ánxel Fole. Obra literaria completa II. Obra en galego
obra II
29.30€ CON IVE
Ánxel Fole. Obra literaria completa III. Obra en castelán
obra III
33.85€ CON IVE
Disto e do outro
foto
23.15€ CON IVE
Escolma de poemas
escolma poemas
3.00€ CON IVE
Obra completa (Luis Pimentel)
obra
32.10€ CON IVE
Obra galega completa de Rafael Dieste
dieste
42.80€ CON IVE
Obra selecta
obra selecta
34.85€ CON IVE