Estás aquí:

Código: 852

As cruces de pedra na Galiza

esgotado
Un estudo presentado en edición facsímile que afonda na linguaxe expresiva dos cruceiros galegos.
Facsímile do último libro que Castelao deu a imprimir antes do seu falecemento. Trátase dun amplo estudo feito no marco do Seminario de Estudos Galegos sobre as cruces de pedra en Galicia, no que se investiga a linguaxe formal destas expresións artísticas tan características do noso país. Castelao pon, ademais, estas cruces en relación coas do mundo celto-atlántico (Escocia, Irlanda, Bretaña) e afonda na idea de afinidade cultural con eses países. Este libro de formato grande incorpora numerosos debuxos así como láminas con ilustracións feitas polo propio autor e algunhas fotografías.

Detalles do libro

Paxinas: 284
Deseño: Capa dura
Data Publicación:
Dimensións mm.
Colección: Obra Completa gráfica de Castelao
Nº na Colección:
Edición: 1ª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-7154-471-1
Observacións:

AUTORES/AS

Castelao , Alfonso Daniel
Castelao

Alfonso Daniel Rodríguez Castelao (Rianxo 1886-Bos Aires 1950) é unha das personalidades máis ricas e fecundas do movemento galeguista. Licenciado en Medicina, abandonou moi cedo a práctica desa profesión para dedicarse ás que eran as súas verdadeiras vocacións: a arte e a reivindicación integral de Galicia. A súa actividade desenvolveuse na creación literaria, no xornalismo gráfico, na pintura, no teatro e na política. Membro destacado da Xeración Nós e home comprometido, no marco do Partido Galeguista, coa defensa da autonomía para Galicia e coa causa republicana, a súa figura alcanzou co paso do tempo unha dimensión mítica. Entre as súas obras máis importantes están Cousas, Cousas da vida, Os vellos non deben de namorarse, Os dous de sempre, Sempre en Galiza e Retrincos.

En 2011 a Xunta de Galicia declarou a súa obra Ben de Interese Cultural.

As súas obras

Cousas da vida. Homes
homes
esgotado
Cousas da vida. Nenos
foto
esgotado
Cousas da vida. Vellos
cousas de vellos
esgotado
ALBA DE GLORIA
alba-de-gloria
11.55€ CON IVE

COLECCIÓN

Obra Completa gráfica de Castelao

Álbum Nós (Nós por Castelao)
foto
28.30€ CON IVE
As cruces de pedra na Bretaña
foto
esgotado
As cruces de pedra na Galiza
foto
esgotado
As cruces de pedra na Galiza
foto
76.00€ CON IVE
Cincuenta cousas da vida
foto
esgotado
Cousas da vida. Animais
foto
esgotado
Cousas da vida. Caciques
caciques
esgotado
Cousas da vida. Homes
homes
esgotado