Nacido en Algorta, Getxo en 1973, Unai Elorriaga é filólogo de formación e tradutor de oficio. Tamén colabora na prensa escrita en éuscaro. Editorial Galaxia publicou a tradución para o galego da súa primeira novela Un tranvía cara a SP, coa que o autor colleitou un indubidable e mesmo sorprendente éxito de público e crítica, referendado pola obtención do Premio Nacional de Literatura do ano 2002. En 2004 apareceu a súa segunda novela, O pelo de Van’t Hoff editada en Galaxia. Tamén en Galaxia no ano 2006 publica Vredaman.