28,75€

mercar

O Museo da Inocencia

Orhan Pamuk

A nova novela de Orhan Pamuk, Premio Nobel de Literatura.

Kemal, fillo dunha familia rica da cidade de Istambul, reúne os obxectos que lle lembran a Füsun, unha humilde rapaza de dezaoito anos que se converte no seu escuro, e segredo, obxecto de desexo. A obsesión acrecéntase consonte a satisfacción da paixón amorosa se fai imposible e a colección medra. A novela de Orhan Pamuk é o catálogo comentado dese museo absurdo: o Museo da Inocencia. É a historia dos obxectos que pretenden substituír o amor fanado e o tempo perdido. A da posesión como inútil modo de vida.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 706
  • Deseño : Rústica con lapelas
  • Dimensións : 135 x 210 mm
  • Data Publicación : 2009-06-24
  • Colección : Biblioteca Compostela de Narrativa Europea
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-9865-185-0
  • Edición : 1

Noticias relacionadas

Pamuk sae á luz2009-10-19 09:37:53
A mellor tradución do ano2011-06-28 10:53:23

Obras do autor en catálogo

Neve26,20€

Actividades relacionadas


Novidades

EricaAna Vigo

Pamuk, Orhan
Orhan Pamuk (Istambul, 1952), é un dos máis destacados autores da literatura actual en lingua turca. A súa obra foi traducida a máis de 30 idiomas, e publicada nun centenar de países distintos. Ten recibido numerosos galardóns internacionais, entre eles o premio France-Culture, en 1995; o premio ao mellor libro estranxeiro do New York Times, en 2004 e o premio da Paz dos libreiros alemáns en 2005. O 12 de outubro de 2006, a Academia Sueca lle concedeu o Premio Nobel de Literatura en recoñecemento a toda unha traxectoria literaria así como polo seu compromiso en prol dos dereitos humáns, sendo así o primeiro turco en gañar un Premio Nobel. En 2012 foi condecorado polo Ministerio de Cultura francés coa insignia oficial da Lexión de Honra.

Publicou a súa primeira novela en 1982, mais a súa obra comezou a ter repercusión internacional con O castelo branco, agora tamén publicada en galego por Galaxia, e alcanzou a súa consagración definitiva en 1998 con Chámome Vermello. En galego, están publicados O libro negro (1990; Galaxia, 2011), Neve (2002; Galaxia, 2009) e Istambul (2003, Galaxia, 2008). A súa novela máis recente é O Museo da Inocencia (Galaxia, 2009).


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR