O mesón dos ermosRamón Otero PedrayoA vida nunha aldea galega do interior trazada con pinceladas de rexa finura e graduada matización; un cadro de variados personaxes pintados sempre con mestría e seguridade. O mesón dos ermos é un fermoso poema en prosa poboado dunha rica variedade de personaxes, psicoloxicamente ben trazados que culmina na figura magnífica do Xepe. A soberbia descrición da paisaxe e o uso dunha lingua dunha riqueza e viveza expresivas inusitadas fan desta novela unha das máis logradas de todas cantas escribiu Otero Pedrayo. |
RecensiónsDetalles
Noticias relacionadasObras do autor en catálogo
Actividades relacionadasNovidades
| |||||||||||||||||||
|