O libro cero

Jorge Emilio Bóveda

Pastor Páez, antigo policía nacional, introvertido e cataléptico,

sente a necesidade de comezar todo novamente; de topar o punto cero do mundo e da súa vida. Para iso embárcase nunha viaxe por varios países semellándolle pouco a pouco que a súa vida anterior tece un mecanismo invisible que marca os seus pasos, teimando en levalo de cabeza a un fin insospeitado de consecuencias estarrecedoras.

Unha novela metaliteraria de grande orixinalidade que se move entre varios xéneros recoñecibles e cuxa estrutura supón un cadro; unha litografía de escaleiras que se soben a si mesmas que ben podería ser da autoría de Escher.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 192
  • Deseño : Rústica con lapelas
  • Dimensións : 135 x 210
  • Data Publicación : 22/03/2021
  • Colección : Literaria
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-9151-608-8
  • Edición :
  • Nº na colección : 427
  • Observacións :

Noticias relacionadas


Obras do autor en catálogo


Actividades relacionadas


Novidades

Ao abeiro da amizade Epistolario 1926-1976 OBRADOIRO.inddAo abeiro da amizade. Epistolario 1926-1976Ramón Otero PedrayoSebastián Martínez-Risco
9788491516446PapiroflexiaFernando Castro Paredes
9788491516361HumanarioPilar García Rego

Autor/a

jorge-emilio-boveda-xoan-vila

Bóveda, Jorge Emilio
(Auria Vella, 1975) é mestre de Inglés e escritor de vasta produción literaria entre a narrativa e o ensaio, afirma vivir nunha constante pulsión literaria en que confesa escribir ata cando non está a escribir. Colaborador en prensa, responsable da denominada “Xeración Illada”, xunto con F. J. Fontenla e Eladio Medel e coordinador da revista cultural Inviable, entre as súas obras destacan Deserto García (2019), Eternos propietarios (premio O Peirao 2018), As sete mortes de Leopoldo Pardo (2018) e O monstro de Ille (2017). Autor da fotografía: ©Xoan Vila


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR