PREMIO CARLOS MOSTEIRO DE LITERATURA INFANTIL 2019.
Obra seleccionada pola OEPLI no ano 2020
Entre o lixo dun vertedoiro, Max atopa un enigmático baúl pechado. Sen saber que hai no seu interior, está seguro de que garda algo que desexa coÒecer. Pero conseguir iso È moi difÌcil. Non hai forma de abrir o baúl. Ademais, o misterioso obxecto pasou a formar parte das posesión da tenda do malvado señor Lin. AsÌ e todo, vai suceder algo extraordinario. Algo que serve para que Max e os seus amigos entendan a importancia das palabras e da verdadeira amizade.
Nacido en Compostela en 1968, é un dos autores de libros dirixidos a público infantil e xuvenil máis relevantes do panorama galego actual. Licenciado en Filoloxía italiana e en Ciencias da Información. En 1989 obtivo o premio Merlín por Ó outro lado do sumidoiro, o seu primeiro libro publicado. Logo apareceron outros como Melanio e os paxaros e Os gatos de Venecia. Gañou en dúas ocasións o premio Barco de Vapor con Valdemuller e Os ollos do Tangaleirón. Entre a súa produción destacan outros títulos como O armiño dorme, A memoria das árbores e O xenio do sultán.
Recibiu en 2008 o Premio Barriga Verde de Textos para Teatro de Monicreques con O punto da escarola, e en 2009 o Manuel María de Literatura Dramática Infantil pola súa obra Sopa de xarope de amora, sendo así recoñecido por segundo ano consecutivo nos galardóns literarios que convoca a AGADIC.