Estás aquí:

Mr Gwyn

20,00  IVE INCLUIDO
PREMIO FERVENZAS LITERARIAS AO MELLOR LIBRO TRADUCIDO DO ANO 2012

Despois de publicar Emaús na súa tradución para o galego, Editorial Galaxia continúa a tirar do prelo as obras do escritor italiano con Mr Gwyn.
Detrás de Baricco están os personaxes que crea, agora o nada convencional Mr Gwyn. Ademais deste personaxe, na novela hai un mangado de historias inesquecibles e unha reflexión fonda sobre a vida e sobre como vivila.

Jasper Gwyn é escritor, reside en Londres e non hai dúbida ningunha de que se trata dun home que ama a vida. Así e todo, está a piques de deixar de escribir; mais a súa non é a crise que afecta os escritores sen inspiración. Quere cambiar de perspectiva, chegar á cerna das cousas. A súa cómplice é unha rapaza que, con devoción apaixonada, rexistra o que pouco a pouco se acaba por converter no misterio de Mr Gwyn. Alessandro Baricco penetra con paso seguro na simetría secreta desta historia, unha fábula contemporánea sobre a ineludible necesidade de vivir sen prescindir do asombro. Unha novela que, coma un haiku, nos sitúa perante o inenarrable.

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 188
Deseño: Rústica con lapelas
Data Publicación: 15/11/2012
Dimensións 135 x 210 mm mm.
Colección: Biblioteca Compostela de Narrativa Europea
Nº na colección:
Edición: 1ª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-9865-468-4
Observacións:

Novas relacionadas con este libro

AUTORES/AS

Baricco, Alessandro
aless

Alessandro Baricco (Turín, 1958) é autor de seis novelas, coas que obtivo numerosos premios literarios, entre eles o Premio Médicis Étranger en France e os Campiello, Viareggio e Palazzo del Bosco en Italia. Sobre a súa novela Seda, publicada en galego por Rinoceronte, realizouse en 2007 unha película dirixida por François Girard e protagonizada por Michael Pitt e Keira Knightley.

As súas obras

Emaús
emaus
esgotado

COLECCIÓN

Biblioteca Compostela de Narrativa Europea

A casa dos encontros
encontros
21.70€ CON IVE
A cea
cea
A desaparición de Esme Lennox
desap
20.95€ CON IVE
A elegancia do ourizo
ourizo
24.50€ CON IVE
A fama. Novela en nove historias
fama
18.40€ CON IVE
A medición do mundo
medicion
22.80€ CON IVE
A pensión Eva
pension eva
17.30€ CON IVE
A pista de area
pista
20.80€ CON IVE