é coñecido como o Olimpo Sagrado dos Celtas pola gran cantidade de lendas e historias que o rodean.
Foi fogar de mouros e meigas, escenario de rituais e acubillo de castelos medievais, dos que hoxe só quedan as ruínas.Pero onde está a tumba da raíña Lupa? Como facían as bruxas os seus rituais? Tendo o pedregal como nexo, neste libro achegarémonos ás lendas, historias e segredos agachados nun dos montes máis máxicos de toda Galicia.

Naceu na Costa da Morte en 1994, entre Cee e Dumbría. Fascinada polos libros e o debuxo dende a infancia, graduouse en Belas Artes na Universidade Politécnica de Valencia. Despois mudouse a Barcelona, onde viviu varios anos e cursou un máster na escola Elisava, especializándose en Ilustración e Cómic. Sempre coma ilustradora, e ás veces tamén coma autora, publicou o seu traballo con editoriais coma Penguin Random House, Xerais e o Grupo Edelvives, entre outros.