Naceu na Costa da Morte en 1994, entre Cee e Dumbría. Fascinada polos libros e o debuxo dende a infancia, graduouse en Belas Artes na Universidade Politécnica de Valencia. Despois mudouse a Barcelona, onde viviu varios anos e cursou un máster na escola Elisava, especializándose en Ilustración e Cómic. Sempre coma ilustradora, e ás veces tamén coma autora, publicou o seu traballo con editoriais coma Penguin Random House, Xerais e o Grupo Edelvives, entre outros.