Estás aquí:

Código: 343

Melodía de días usados

23,90  IVE INCLUIDO
Literatura e vida danse a man en Melodía de días usados, o novo libro de Anxos Sumai. A escritora narra as súas vivencias cotiás nunha Compostela inzada de personaxes que semellan saídos da realidade inmediata, personaxes que xorden das húmidas pedras da cidade, esas que pouco a pouco quecen coa raiola da frescura e da autenticidade deste diario nado na Internet que agora a Galaxia chega transformado, con roupa nova e música leda para os lectores galegos.
Narrar a propia vida coma se se tratase dunha novela, con personaxes e feitos que nacen do mundo cotiá que logo medran co alimento da imaxinación, velaí o acerto de Anxos Sumai. O seu diario na Internet arrequéntase nas páxinas deste libro no que a escritora de Catoira toca unha melodía coñecida pero faino duna maneira diferente.

Melodía de días usados logra o que debería ser o obxectivo da literatura: facer que os lectores e lectoras se sintan entre amigos, que coñezan os espazos dunha biografía persoal coma se fosen os propios, que compartan alegrías, medos, emocións e gañas de vivir co personaxe que Anxos fai de si mesma. Un diario que é case unha novela, ou unha novela que é coma un diario, un libro escrito coa convicción de quen cre nas cousas miúdas, de quen descobre, coa ollada limpa, unha realidade común á xenté e que a literatura transforma, volve máis rica, distinta, e fai brillar coma se fose do trinque.

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 384
Deseño: Rústica con lapelas
Data Publicación: 25/05/2005
Dimensións 14 x 21 cm. mm.
Colección: Literaria
Nº na colección:
Edición: 1ª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-8288-809-5
Observacións:

Novas relacionadas con este libro

Eventos relacionados con este libro

AUTORES/AS

Sumai, Anxos
sumai

Anxos Sumai (Catoira, 1962) é documentalista, tradutora e escritora. Colaboradora de distintas publicacións nos anos oitenta e noventa, a súa actividade literaria desenvólvese na rede dende o ano 2001 no portal: culturagalega.org, onde tivo as seccións "Anxos e diaños", con Roberto Ribao, e "Anxos da garda". Colaborou na segunda etapa da revista Guía dos Libros Novos coa sección "Hemisferio Oeste" (2003-2004). Entre os traballos de tradución destacan os Diarios de Syra Alonso.

Como narradora publicou Anxos da garda (2003) e Melodía de días usados (2005), en Editorial Galaxia. Obtivo o Premio Novos Valores da Narrativa Galega en 1985 e o segundo Premio no XI Concurso de Narracións Curtas Modesto R. Figueirido do Pedrón de Ouro, en 1986. En 2004 foi Premio da Crítica Galicia. En 2007 gañou o Premio de Xornalismo Literario e de Opinión Roberto Blanco Torres polo seu espazo de opinión "Somos perigosamente normais", emitido semanalmente no Diario Cultural da Radio Galega durante o 2006. Actualmente traballa no Consello da Cultura Galega.

En 2007 recibiu o II Premio de Narrativa Breve Repsol YPF pola obra Así nacen as baleas, publicada por Editorial Galaxia, e o Premio á Autora do Ano concedido polos membros da Asociación Galega de Editores. Por este mesmo libro obtivo o Premio San Clemente, concedido por rapaces de diversos institutos galegos. É a gañadora do Premio García Barros 2013

As súas obras

Así nacen as baleas
9788498650228
17.00€ CON IVE

COLECCIÓN

Literaria

1Q84. Libro 3
libro3
24.10€ CON IVE
1Q84. Libros 1 e 2
1q
27.40€ CON IVE
O sono das sereas (XI Premio Repsol 2017)
o-sono-das-sereas
17.15€ CON IVE
70º norte
9788411761420
21.95€ CON IVE
900
900
22.00€ CON IVE
A agonía das folerpas
9788491519201
25.40€ CON IVE
A beleza debe morrer
9788411760188
20.90€ CON IVE
A bisneta lercha
a bisneta lercha
15.50€ CON IVE