Helena, profesora xubilada, novela as orixes do instituto histórico en que traballou e polo que pasaron figuras centrais da intelectualidade galega do século XIX. De carácter difícil, mesmo discute cos personaxes que participan na trama da súa historia. Dous deles, Aurelio Aguirre e Eduardo Pondal, exalumnos do centro, xunto co pontevedrés Luís R. Seoane, andan atarefados preparando un revolucionario banquete de confraternidade con obreiros e artesáns que van celebrar en Conxo. Pola súa banda, Xosé López Amarante, director do instituto, vive obsesionado con que o edificio dos xesuítas, en Mazarelos, sexa todo el destinado ao ensino, evitando así as tensións que mantén cos habitantes que por caridade ocupan o terceiro andar, entre eles un carpinteiro e a súa filla, Candeloria, cos que ten enfrontamentos frecuentes.

(Barcelona, 1960) é profesor de lingua e literatura no Instituto Xelmírez I de Santiago, do que é o seu director. Alén da colaboración en obras de carácter didáctico e publicacións pedagóxicas, é coñecido polo seu labor no campo da análise sociolingüística, onde salienta Língua e sociedade na Galiza (1990), obra sobranceira da sociolingüística galega. Denso recendo a salgado (2010) foi a súa primeira novela. Seguírona Un dedo manchado de tinta (2011), Faneca Brava (2013) e Amor en alpargatas (2015). Con Lourenço, xograr obtivo o Premio García Barros en 2015.