Estás aquí:

Código: 2145

Manuel María. Antoloxía poética

13,40  IVE INCLUIDO
Esta antoloxía recolle unha mostra ampla da extensísima obra poética de Manuel María e da variedade dos seus temas e formas.
Resultado dun traballo de selección realizado por Amelia Outeiro Portela e Darío Xohán Cabana, que releron os poemas do sutor chairego sen perder de vista os destinatarios finais: todo tipo de lectores que se queiran achegar por primeira vez á poesía de Manuel María e tamén aquelesoutros que queiran revisitar poemarios lidos e poemas lembrados.
O libro complétase cun limiar, escrito polo poeta e académico Darío Xohán Cabana, no que se estuda de maneira sintética e accesible a obra de Manuel María, os seus diferentes períodos, temas e aspectos formais.

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 244
Deseño: Rústica
Data Publicación: 31/03/2016
Dimensións 190 x 135 mm.
Colección: Letras Galegas
Nº na colección:
Edición: 1ª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-9865-666-4
Observacións:

Novas relacionadas con este libro

AUTORES/AS

Manuel María
Manuel María

Manuel María (Outeiro de Rei, Lugo, 1929 – A Coruña, 2004) vive a nenez e a adolescencia como calquera outro neno do mundo rural. Aos 19 anos pronuncia no Círculo das Artes de Lugo a súa primeira conferencia; intégrase na tertulia luguesa do café Méndez Núñez, invitado polo poeta Luis Pimentel, na que participan tamén escritores como Ánxel Xohán, Ánxel Fole, Ramón Piñeiro, Aquilino Iglesia Alvariño, Álvaro Cunqueiro e Carballo Calero.

Convértese en editor na revista Xistral -onde publica os seus primeiros poemas en galego-, e escribe o seu primeiro poemario, Muiñeiro de brétemas, que sairá en 1950 na colección Benito Soto, de Pontevedra.
Inicia os estudos e prácticas de procurador dos tribunais, publica o seu segundo poemario e gaña o Premio Castelao de Poesía do Centro Galego de Buenos Aires. No verán de 1953 escribe a primera redacción de Terra Chá, que é un verdadeiro reencontro coa vida chairega e coas súas raigames labregas.

Na década de 1960, o compromiso de Manuel María lévao a participar en acontecementos como a presentación de Raimon e da Nova Canción Galega, a edición de discos en colaboración coa discográfica EDIGSA e a inauguración da Libraría Xistral. No eido creativo, a súa voz é cada vez máis comprometida e combativa: Versos para un país de minifundios, Versos para cantar en feiras e romaxes, remol e Canciós de lusco ao fusco.

Da súa ampla obra posterior, cómpre salientar Poemas ó outono (1977), A luz resucitada (1984), Oráculos pra cabaliños do demo (1986), As lúcidas lúas do outono (1988), A primavera de Venus (1993) e Brétemas do muiñeiro (2000).

As súas obras

A berenguela
A berenguela
20.75€ CON IVE

COLECCIÓN

Letras Galegas

A distancia do lobo. Biografía de Uxío Novoneyra
lobo
esgotado
A palabra exacta. Biografía de Lois Pereiro
biog
12.50€ CON IVE
A vida de Ánxel Fole
a vida fole
11.00€ CON IVE
A vida de Eladio Rodríguez
foto
3.00€ CON IVE
A vida de Manuel Murguía
foto
esgotado
A vida de Rafael Dieste
foto
3.00€ CON IVE
A vida de Xesús Ferro Couselo
vida xesus ferro
9.80€ CON IVE
A vida do Padre Sarmiento
vida padre sarmiento
9.30€ CON IVE