Xornalista, árbitro de fútbol, seleccionador nacional e galego e dirixente federativo serviría para definir moi por riba a figura de Manuel de Castro González, Handicap (Vigo, 1885-1944), un dos primeiros periodistas deportivos de fama nacional, cronista nas olimpíadas (Antuerpen, París e Ámsterdam)
e un dos artífices do nacemento en 1923 do Real Club Celta de Vigo, tras a fusión do Vigo Sporting e o Fortuna de Vigo.
É esta a Crónica dunha paixón polo deporte.
(Pontevedra, 1983) é filólogo e mestre de formación, e traballa como corrector lingüístico. Traduciu para o galego a novela de John Fante A irmandade da uva, e publicou poemas e relatos en revistas e fanzines. Edita na Wikipedia en lingua galega desde 2007, onde colabora na redacción de artigos enciclopédicos e con fotografías para ilustralos. É padroeiro da Fundación Otero Pedrayo, xoga ao fútbol gaélico no Auriense F. G. e canta no grupo musical Columna Vegana.