(Pontevedra, 1983) é filólogo e mestre de formación, e traballa como corrector lingüístico. Traduciu para o galego a novela de John Fante A irmandade da uva, e publicou poemas e relatos en revistas e fanzines. Edita na Wikipedia en lingua galega desde 2007, onde colabora na redacción de artigos enciclopédicos e con fotografías para ilustralos. É padroeiro da Fundación Otero Pedrayo, xoga ao fútbol gaélico no Auriense F. G. e canta no grupo musical Columna Vegana.