Mañá vén meu tío

Sebastián Santana Camargo

Galaxia publica un álbum infantil sobre o tema das desaparicións forzadas

Está nas librarías de todo o país o álbum infantil titulado Mañá vén meu tío, de Sebastián Santana Camargo. O libro céntrase na ilusión dun cativo por ver ao seu tío, co que sempre xoga ao fútbol e a quen seus país dixeron que virá para quedar uns días. Nun tratamento narrativo no que case que non hai texto, vemos evoluir a vida do cativo ata a morte, a través da ilusión de ver ao tío. Un tío que non chega. Que nunca chega porque alguén o fixo desaparecer. Un libro para que os máis cativos da casa saiban que hai persoas que, por motivos ideolóxicos, son “desaparecidas” por quen non soporta ningunha clase de disidencia.

Cun tratamento gráfico delicado e minimalista, o autor consegue elaborar un relato tenro sobre a vida e os soños, sobre o seu cumprimento mais tamén sobre a frustración de quen agarda e quen ten que chegar non chega porque non lle deixan chegar.

Un álbum diferente dun autor que é referencia no Uruguai e na Arxentina, de onde é orixinario Sabastián Santana Camargo, coma tantos, descendente dunha bisavoa galega. Este libro, que agora publica Galaxia, foi galardoado en 2015 como Mellor Álbum Ilustrado da Arxentina.

 

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 24
  • Deseño : Cartoné
  • Dimensións : 210 x 150
  • Data Publicación : 09/11/2021
  • Colección : Álbumes
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-9151-754-2
  • Edición :
  • Nº na colección : 32
  • Observacións :

Noticias relacionadas


Obras do autor en catálogo


Actividades relacionadas


Novidades

Camiño bretemosoXosé Neira Vilas
Remuíño de sombrasXosé Neira Vilas

Autor/a

Santana Camargo, Sebastián
(La Plata, Argentina, 1977. Vive en Montevideo, Uruguai, dende 1984) Traballa como ilustrador, deseñador gráfico e artista visual. Publicou libros ilustrados en Uruguai, Arxentina, Chile, Brasil e México. Expuxo de forma individual e colectiva en Uruguai, Arxentina, Colombia, Chile, México, Ecuador, Croacia, España, Francia e Bélxica. En 2013 obtivo o premio á Mellor Dirección de Arte polo traballo feito na película AninA, en 2014 o premio Bartolomé Hidalgo ao mellor Libro álbum por Figurichos (en coautoría con Horacio Cavallo), en 2015 o Gran Premio ALIJA e o premio ao Mellor Libro Álbum de Arxentina por Mañana viene mi tío que agora publica Galaxia, e en 2018 o Premio ás Artes Visuais Paul Cézanne, outorgado polo goierno de Francia.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR