(La Plata, Argentina, 1977. Vive en Montevideo, Uruguai, dende 1984)
Traballa como ilustrador, deseñador gráfico e artista visual.
Publicou libros ilustrados en Uruguai, Arxentina, Chile, Brasil e México.
Expuxo de forma individual e colectiva en Uruguai, Arxentina, Colombia, Chile, México, Ecuador, Croacia, España, Francia e Bélxica.
En 2013 obtivo o premio á Mellor Dirección de Arte polo traballo feito na película AninA, en 2014 o premio Bartolomé Hidalgo ao mellor Libro álbum por Figurichos (en coautoría con Horacio Cavallo), en 2015 o Gran Premio ALIJA e o premio ao Mellor Libro Álbum de Arxentina por Mañana viene mi tío que agora publica Galaxia, e en 2018 o Premio ás Artes Visuais Paul Cézanne, outorgado polo goierno de Francia.