In vino veritasFrancisco CastroUnha nova novela de Francisco Castro, na que o autor de 'Spam' aborda o xénero policial en clave de parodia. A novela desenvólvese no ambiente da burguesía cidadá, entre adegueiros e presentadores de televisión, e descobre para os lectores os ocultos círculos do sadomasoquismo. O detective Xulio Míguez serve ao autor para sacar á luz algunhas das corruptelas da sociedade contemporánea, na que os medios de comunicación e os intereses empresariais se mesturan cos baixos instintos. Segundo Francisco Castro, In vino veritas é unha novela furiosa. Parodia de novela policial, deita unha ollada crítica sobre os medios de comunicación actuais e a parvura colectiva que o telelixo está a provocar nunha cidadanía durmida. Trátase dun texto acedo, no que o autor de 'Xeración perdida' profunda no seu estilo tan característico que xa lle coñecemos doutras obras, intervindo na historia para reflexionar sobre a realidade e as súas miserias. Xulio Míguez, detective sen vocación, recibe a encomenda de atopar un famoso adegueiro desaparecido nos ambientes do sadomasoquismo máis tétrico. Ao tempo que se desenvolve a intriga principal, a novela pescuda nos límites da convención social, eses que hai tempo que traspasaron as televisións, a clase política e a hipocrisía global. Por iso é unha novela furiosa. |
RecensiónsDetalles
Noticias relacionadasPresentouse IN VINO VERITAS2011-11-29 09:40:28 Actos de Galaxia no Festigal2012-03-27 10:32:07 Éxito nas presentacións do Festigal2012-03-27 10:32:07 Actos de Galaxia na Feira da Coruña2012-03-27 10:32:07 Presentación de IN VINO VERITAS en Allariz2012-03-27 10:31:09 Presentación de IN VINO VERITAS en Rianxo2012-03-27 10:30:42
Obras do autor en catálogo
Actividades relacionadasFESTIGAL 20112011-07-25 16:30:00 Presentación de IN VINO VERITAS na Feira da Coruña2011-08-02 19:00:00 Sinatura de Francisco Castro2011-07-27 20:00:00 Presentación en Sanxenxo de IN VINO VERITAS2011-08-22 20:00:00 Presentación de IN VINO VERITAS en Carballo2011-08-27 20:30:00 Presentación de IN VINO VERITAS en Allariz2011-10-14 20:00:00 IN VINO VERITAS en Rianxo2011-10-28 20:30:00 Francisco Castro no clube de lectura do IES de Valadares2012-02-06 18:30:00 Celebración do Día do Libro en Ourense2012-04-23 12:30:00
Novidades
| |||||||||||||||||||||||
|