Estás aquí:

Código: 1993

A ilusión da esperanza. De Cabanillas a Xulio Ríos

25,10  IVE INCLUIDO
A irmandade foi, desde os seus comezos, un dos atributos sobranceiros do galeguismo.
Da cultura galega entendida como arela e esperanza que une a decisión libre de cadaquén. Despois da súa opera magna dedicada ao idioma —o Diccionario galego-castelán— e logo da súa achega á memoria co relato dun período crucial para a recuperación cultural de Galicia no seu Os anos escuros, Xosé Luís Franco Grande dedica este libro á amizade. Unha homenaxe que, no ronsel do Libro dos amigos oteriano, une carácter individual e destino común co vencello no que se fundamenta a filiación libre, o da flexible e firme aperta da ilusión compartida. Corenta e nove retratos de persoeiros que, sen querelo, tamén van trazando, coma nunha inesperada silueta a contraluz, a personalidade e a vida de quen escribe.

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 308
Deseño: Rústica con lapelas
Data Publicación:
Dimensións 135 x 210 mm.
Colección: Memoria
Nº na colección: 45
Edición: 1ªª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-9151-425-1
Observacións:

AUTORES/AS

Franco Grande, Xosé Luís
X-L-franco-grande

Nace en Tebra (Tomiño) no ano 1936 e falece en Vigo no ano 2020. Estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela e exerceu en Vigo a profesión de avogado. En 1978 foi nomeado académico de número na Real Academia Galega e leu o seu discurso de ingreso en 1998. Foi nomeado fillo predilecto do concello de Tomiño en 2011.

En 1967, publicou Entre o si e o non, co que obtivo o Premio Nacional de Poesía Rosalía de Castro. Autor do xa histórico Diccionario galego-castelán (1968) e do Vocabulario galego-castelán (1972), a súa obra poética publicouse reunida no volume Herdo de memoria e tempo (1987). En 2004, reeditou, ampliado, Os anos escuros, o seu testemuño sobre a resistencia cultural, e, en 2009, Cando o futuro comezaba, a súa correspondencia con Ramón Piñeiro entre 1955 e 1990. En 2013 deu ao prelo o ensaio Outra política para outros tempos e en 2015 o poemario Xoguetes do tempo.

En 2025 publícase baixo o título Un intre no tempo. Poesía reunida (1967-2017) unha recopilación dos seus catro poemarios: Entre o si e o non (1967), O tempo á espreita (1987), Xoguetes do tempo (2015) e o Libro das abandonadas (2017). 

As súas obras

A ilusión da esperanza. De Cabanillas a Xulio Ríos
9788491514251
25.10€ CON IVE

COLECCIÓN

Memoria

A ditadura portuguesa contra Castelao
9788411764834
23.40€ CON IVE
A esforzada conquista da autonomía, 1979-1981
conquista
25.10€ CON IVE
A Galicia de Montevideo
galicia
25.10€ CON IVE
Algo máis que un café. O Derby de Vigo. 1921-1968
derby
24.20€ CON IVE
Álvaro de las Casas. Biografía e documentos
alavaro de casas
24.30€ CON IVE
Antonio Tovar. Conversas cun vello revoltado
antonio tovar
23.10€ CON IVE
Ao abeiro da amizade. Epistolario 1926-1976
Ao abeiro da amizade Epistolario 1926-1976 OBRADOIRO.indd
30.10€ CON IVE
Artigos en La Nación
artigos na nacion
19.10€ CON IVE