Ambiciosa e xeitosa obra que en seis tomos percorre Galicia enteira.
A obra fórmana seis tomos: catro dedicados ás provincias galegas, un centrado en Santiago de Compostela e a súa bisbarra e mais un volume introdutorio sobre a arte en Galicia. Cun total de máis de mil páxinas, cen mapas e planos e máis de cincocentas fotografías a toda cor, esta guía da arte galega, redactada cunha linguaxe amena, vén enchendo unha lagoa, ofrecendo ao público cumprida información sobre as expresións e monumentos artísticos do pasado e presente que nos arrodean.
Profesor de historia, é autor das obras Guía da arte de Galicia, Guía e rutas da arte, Atlas arte: Galicia, Vigo na historia e Vigo, centro histórico.