Hartmann von Aue (nado ao redor de 1180 ata 12051 – falecido entre 1210 e 1220) é xunto con Wolfram von Eschenbach e Gottfried von Straßburg un dos máis importantes poetas épicos do alto alemán medio (mittelhochdeutsche Klassik) ao redor do ano 1200. Xunto con Heinrich von Veldeke foi un dos primeiros autores alemáns da novela cortesá que foi adoptado co mesmo estilo en idioma francés. Von Aue é autor das novelas poéticas cuxos títulos son Erec, Gregorius ou Der gute Sünder (Gregorio ou O bo pecador), Der arme Heinrich (O pobre Enrique), Iwein, unha discusión alegórica coñecida baixo o nome de Klagebüchlein (librito de lamentación), ademais dunhas Minnelieder (cancións cortesás) e cancións relativas ás cruzadas (Kreuzlieder).