(?-?, c. 1215) Poeta alemán. Foi o primeiro escritor alemán que cultivou a literatura cortesá. Foi cabaleiro ó servicio dos señores de Aue e cruzado. É autor de dúas novelas, Erec(c. 1185) e Iwein (c. 1205), inspiradas en Chrétien de Troyes, e dos poemas relixiosos e morais Gregorius e O pobre Enrique.