Estás aquí:

Código: 2511

A sogra. Os irmáns

19,70  IVE INCLUIDO
Dúas sátiras inxeniosas e frívolas sobre a aristocracia romana.
Terencio foi un dos principais autores de comedia da Roma clásica. Tomaba os seus temas de obras da Grecia clásica e tratábaos cunha ironía que mereceu o aplauso dos círculos literarios romanos.

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 294
Deseño: Rústica
Data Publicación: 01/04/1995
Dimensións 136 x 210 mm.
Colección: Clásicos en galego
Nº na colección:
Edición: 1ª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-7154-935-8
Observacións:

AUTORES/AS

Terencio, Publio
terencio

Italia (Italia, 0190 aC-0159 aC)

Dramaturgo romano, precursor da comedia de costumes moderna.
Terencio naceu ao redor do ano 190 a.C. en Cartago e foi levado a Roma como escravo do senador Publio Terencio Lucano, quen o educou e posteriormente lle concedeu a liberdade.

Convertido nun home libre, adoptou o nome de Publio Terencio, en recoñecemento ao seu patrón. A súa primeira obra foi Andria, escrita no ano 166 a.C. Tras acadar un éxito inmediato, Terencio, dotado dunha forte personalidade, converteuse no favorito dos círculos literarios romanos. Dise que foi íntimo amigo de Escipión Emiliano, na casa do que se daban cita homes de estado e homes de letras preocupados por engrandecer a lingua latina. As seis comedias de Terencio, escritas entre 166 e 160 a.C., están baseadas en obras gregas. Así por exemplo, Andria, O que se atormenta a sí mEsmo, O eunuco e Os irmáns, teñen a súa orixe en comedias de Menandro, mentres que Formio y A sogra están baseadas en obras de Apolodoro de Caristo.
No ano 160 a.C. Terencio viaxou a Grecia na procura de novas obras de Menandro, morreu no ao seguinte durante a viaxe de regreso a Roma. As obras de Terencio eran sátiras lixeiras e enxeñosas sobre a vida das persoas ricas e refinadas. A diferenza das comedias do seu famoso predecesor, Plauto, nas sátiras de Terencio hai poucas cancións e danzas, carecen da farsa das obras daquel, e o seu humor substitúe os chistes e xogos de palabras, a caracterización esaxerada e as situacións inzadas por un sutil dominio da trama e dos personaxes. Tamén recorre ao engano con menos frecuencia que Plauto, e pon unha maior énfase na falsa identidade das personaxes. En todas as súas obras, coa excepción de A sogra, hai unha doble trama na que se mesturan dous romances, onde o final feliz dun adoita depender do resultado do outro. Durante A Idade Media as súas comedias foron adaptadas pola monxa Hrosvitha e a súa influencia déixase sentir no teatro de Lope de Rueda, na comedia renacentista e no dramaturgo francés Molière.

As súas obras

A sogra. Os irmáns
terencio
19.70€ CON IVE

COLECCIÓN

Clásicos en galego

A conxuración de Catilina. A guerra de Iugurta
catilina
24.60€ CON IVE
A peza da enramada. Peza de Berto e María
adan de la halle
17.95€ CON IVE
A sogra. Os irmáns
terencio
19.70€ CON IVE
Áiax / Electra
sofocles
24.95€ CON IVE
Anfitrión, Asinaria
anfitrion plauto
15.60€ CON IVE
Aulularia
plauto
16.90€ CON IVE
Carmina Burana. Poemas de amor.
Carmina Burana
26.95€ CON IVE
Cartas
ciceron
25.60€ CON IVE