Demetrio Bilbatúa Rodríguez (Vigo, 1935) é produtor e director de cine documentalista, naturalizado mexicano en 1970. Inicia a actividade cinematográfica en México a carón do seu irmán Ángel. Produciu e dirixiu máis de 1.000 documentais sobre aspectos sociais e culturais de México.
Actualmente preside un grupo de empresas de produción, laboratorios fotográficos, posprodución e dobraxes.