Estás aquí:

Código: 18721

Galegos no Golfo de México

23,65  IVE INCLUIDO

Co material que recompilou Xosé Neira Vilas, de diferentes fontes e en sucesivas etapas na súa estadía caribeña, elabora un relato xornalístico “a partir das experiencias dunha comunidade de emigrantes da miña terra” que se dedicou á pesca nos mares dos litorais de México, Os Estados Unidos e Cuba, que sitúa a obra “na mellor tradición do xornalismo literario galego” (Manuel Rivas).

Da pluma de Neira saen dezaseis reportaxes que se asentan na forza das vidas, obras, venturas e desventuras dos personaxes que entrevistou, testemuño das sinxelas vidas duns emigrantes dedicados ao mar. “Nada máis. Pero tamén nada menos, pois trátase de vidas verdadeiras, latexantes, co seu cunco de heroísmo cotián e anónimo”, que fan de Galegos no golfo de México un dos mellores traballos do xornalismo narrativo de todos os tempos, galego e non galego

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 332
Deseño: Rústica con lapelas
Data Publicación: 15/09/2023
Dimensións 135 x 210 mm.
Colección: Biblioteca Neiras Vilas
Nº na colección: 17
Edición: 1ª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-1176-047-8
Observacións: Prólogo de Xosé López

AUTORES/AS

Neira Vilas, Xosé
neira vilas

Neira Vilas (Vila de Cruces, 1928-2015) é sen dúbida un dos escritores máis sobranceiros do noso país. A súa vida e a súa obra están marcadas pola emigración, que el viviu en primeira persoa en Arxentina e Cuba. Dese sentir nace Memorias dun neno labrego, un dos libros máis famosos das letras galegas. A mestría do Neira Vilas narrador amósase nese e noutros moitos libros que lle valeron o recoñecemento da sociedade galega.

Ao longo da súa vida Neira Vilas recibiu numerosos galardóns, como por exemplo a Medalla Castelao en 1988. Nos Premios da Edición que concede a AGE recibiu o Premio Xosé María Álvarez Blázquez ao autor do ano 2010. En 2014, recibiu, na modalidade de Letras, o Premio da Cultura Galega que concede a Xunta de Galicia e en 2015, a Medalla de Ouro de Galicia.

As súas obras

Co pai
co-pai
13.15€ CON IVE

COLECCIÓN

Biblioteca Neiras Vilas

Chegan forasteiros
9788411760461
13.15€ CON IVE
Galegos no Golfo de México
9788411760478
23.65€ CON IVE
Historias de emigrantes
9788411760454
14.00€ CON IVE