LIMIAR LOURENZO FERNÁNDEZ PRIETO
Un émulo pacífico de Breogán, a alma de Galicia en Cuba, José Fontenla Leal (Ferrol, 1864 - A Habana, 1919), home autodidacta, feito a si mesmo, con poucos estudos, mais cunha intelixencia innata que lle permitía convencer e aglutinar, tiña unha idea clara e unha vontade de ferro que converteu o amor á súa terra en feitos duradeiros. Bandeira, Himno, Academia… débense, en boa medida, á súa iniciativa persoal, conseguindo limar asperezas e xuntar vontades, en proveito da súa terra. Esta biografía exhuma documentos inéditos, como o prototipo da primeira bandeira galega, aborda as relacións que mantivo con persoeiros como Murguía, Curros Enríquez, Cabanillas e Villar Ponte, e achega datos relevantes sobre un personaxe que hai ben tempo merecía ser estudado.
(Ciego de Ávila, 1986). Licenciado en Linguas Estranxeiras pola Universidade da Habana e profesor de Ensino Medio en Galicia na especialidade de francés, coordinou o Obradoiro de Cultura Galega Xosé Fontenla Leal entre 2008 e 2012. Deu ao prelo Vidas grabadas en la piedra (Vigo, 2011) e é coautor de Chané. O nacemento da música popular galega (Santiago de Compostela, 2017).
(A Coruña, 1942). Presidente do Real Coro Toxos e Froles en dúas etapas e concelleiro do Concello de Ferrol, é autor de traballos ao redor dos coros galegos, como a recuperación dos discos Romaxe galega (1922) e Estampas coruñesas (1921-1928), de Toxos e Froles e Cántigas da Terra, respectivamente. Apaixonado da figura de Fontenla Leal, estudou o personaxe ao longo de máis de cincuenta anos.