Os relatos que compoñen Ensaios sobre o efémero —título que abana entre a ironía e a veracidade— fican marcados pola concisión e o intento de síntese, estruturados en tres agrupamentos —“Anais”, “Biografías”, “Relatorios”— que percorren unha ampla singradura ao longo da Historia protagonizados por personaxes ficticios e reais de variadas culturas, desde a Antigüidade clásica ata operarios da Terra Chá, de construtores de pontes sobre o East River a almirantas como Isabel Barreto, mitoloxías bíblicas, enganos e celadas.
Consideracións sobre a idea de Infinito ou de Dobre. Do Universo en resumo —a expresión é de Borges— e da confusa peripecia humana.
(Vigo, 1948) é autor dunha obra literaria cuxos principais esteos están marcados por poemarios como Informe da gavilla (Galaxia, 1980), A fraga prateada (Galaxia, 1983), A cámara de névoa (1989), Palavras a Espártaco (2015) e 1968 (2018), textos narrativos como Os xenerais de África (Galaxia, 1999), Os nomes da morte (Galaxia, 2002), Os espellos do tempo (Galaxia, 2008) e O soño (re)dirixido (Galaxia, 2010). Alén disto, publicou escritos ao redor da cultura tradicional galega, como Guía da Galiza máxica, mítica e lendaria (Galaxia, 1998) e Mitoloxía de Galiza (Galaxia, 2011), a divulgación (Guía do norte de Portugal, Galaxia, 2001) e o ensaio Da identidade á norma (2017, en colaboración con Nicolás Xamardo). Como estudoso da fotografía deu ao prelo Pacheco. A memoria dun tempo e dun país (2002) e Facedores de imaxes. Fotografía e sociedade en Vigo. 1870-1915 (Galaxia, 2022), ademais de estudos, en colaboración, sobre Augusto Pacheco e a liñaxe fotográfica dos Llanos, así como artigos en revistas galegas e estranxeiras. Posúe os premios Esquío, da Crítica española e Irmandade do Libro.
Foto do auto © Distrito Xermar