Estás aquí:

Código: 27

Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega

15,20  IVE INCLUIDO

UN DICIONARIO ESENCIALMENTE PRÁCTICO. Galaxia publica un novidoso dicionario orientado a resolver todo tipo de dificultades que xorden tanto na fala coma na escritura da lingua galega.

O Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega é un volume de 1328 páx. que contén 8000 entradas. Inclúe 91 cadros nos que se sintetiza importante información gramatical e que facilitan unha consulta rápida. É o primeiro dicionario galego que ofrece exemplos reais da linguaxe xornalística, literaria e académica dos últimos vinte anos.

Este dicionario parte dunha concepción novidosa respecto doutros dicionarios xa existentes, a súa base é a lingua real e as súas indicacións oriéntanse cara á utilidade práctica de todos os que empreguen o galego en calquera ámbito, falado e escrito. Nas súas entradas ofrece solucións razoadas e contrastadas coa norma académica, cunha explicación práctica da lingua e do seu léxico.
O dicionario fornece etimoloxías, sinónimos e palabras afíns, e equivalentes noutras linguas cando é pertinente. Ofrece, por primeira vez na lexicografía galega, exemplos reais de uso da linguaxe xornalística, literaria e académica. Permite orientarse sobre o uso estándar e correcto da lingua e aclara dificultades sobre o uso de neoloxismos, estranxeirismos e impropiedades léxicas. É util para solucionar dúbidas sobre a gramática e a ortografía. Resolve dificultades de pronunciación e dá información sobre cuestións de estilo (puntuación, maiúsculas, siglas, abreviaturas...).

Debido a que todas as linguas mudan e é preciso conservar o seu patrimonio e entender os seus cambios e novidades, este dicionario incorpora as últimas modificacións, tanto das Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego coma do Vocabulario ortográfico da lingua galega. O dicionario Galaxia de usos e dificultades axuda á corrección e bo uso da lingua e facilítalles tamén aos usuarios unha consulta rápida e fiable, ao que contribúen os máis de noventa cadros gramaticais situados a carón da entrada correspondente.

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 1328
Deseño: Capa dura
Data Publicación: 27/12/2004
Dimensións 15 x 23 mm.
Colección: Dicionarios
Nº na colección:
Edición: 1ª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-8288-752-4
Observacións:

AUTORES/AS

Fernández Salgado, Benigno
Benigno_Fernández_Salgado

Naceu en Ferreiravella (Riotorto) en 1962. Licenciouse en Filoloxía pola USC e é Doutor en Filosofía pola Universidade de Oxford. Foi asesor lingüístico da TVG (1985-1988) e lector nas universidades de Birmingham (1989-91) e Oxford (1991-94). É profesor nas Facultades de Ciencias Sociais e da Comunicación e de Ciencias da Educación da Universidade de Vigo. Compilou o Dicionario Elemental Galego-Inglés Inglés-Galego e coordinou oDicionario de Dúbidas e o Dicionario de Usos e Dificultades.

 

 

As súas obras

Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega
DICIONARIO GALAXIA DE USOS
15.20€ CON IVE

COLECCIÓN

Dicionarios

Dicionario da literatura galega. T. III - Obras
foto
32.75€ CON IVE
Dicionario da literatura galega IV
dicionario da literatura galega IV
32.75€ CON IVE
Dicionario da literatura galega. T.II - Publicacións Periódicas
publicacions
32.75€ CON IVE
Dicionario da Real Academia Galega
foto
49.50€ CON IVE
Dicionario de refráns (galego-castelán-francés)
d refrans
esgotado
Dicionario de sinónimos da lingua galega
foto
30.75€ CON IVE
Dicionario enciclopédico gallego-castellano
foto
15.00€ CON IVE
Dicionario escolar galego
escolar
esgotado