Diario de invernoPaul AusterAnticipándose á súa publicación en inglés, Editorial Galaxia pon nas mans dos lectores e lectoras galegos o novo libro de Paul Auster. Unha novela na que o escritor relexiona sobre a súa vida a través do relato dos momentos que deixaron pegada na súa imaxinación. A nova novela do autor de Brooklyn Follies encaixa á perfección no que a crítica denomina "autoficción": o novelista escribe sobre si mesmo e convértese en personaxe, a súa vida queda apreixada no papel e é lida como unha narración. Auster comeza o libro con 64 anos, coa vivencia do que el chama "o inverno da vida". A partir de aí, o xogo da memoria vai ir tecendo unha narración en segunda persoa no que os pormenores da vida acaban por adquirir unha significación que, aparentemente, non tiñan. O divorcio da súa nai e a súa morte, a mocidade e as manifestacións universitarias contra a guerra do Vietnam, o case mortal accidente de coche da súa segunda muller, a escritora Siri Hustvedt, e do seu fillo, a relación cos diferentes lugares nos que viviu, a súa estadía en París… a rememoración do día a día debuxa sutilmente unha historia chea de suxestións e incitacións á reflexión sobre a ferida do tempo e a escritura. Diario de inverno non é a primeira vez que Auster escribe sobre si mesmo, pois xa en en 1982 publicou The Invention of Solitude, libro no que contaba os derradeiros anos da vida de seu pai. |
RecensiónsDetalles
Noticias relacionadasCatro libros de Galaxia e o proxecto GALAXIA TALES entre os finalistas dos Premios da Edición2013-03-05 11:37:04
Obras do autor en catálogo
Actividades relacionadasNovidades
| |||||||||||||||||||
|